Medio Ambiente presenta no Tambre o proxecto de rexeneración fluvial ‘Mil Ríos’

NOIA> A conselleira de Medio Ambiente presentou na central eléctrica do Tambre o proxecto ‘Mil Ríos’. Trátase dun programa de rexeneración ambiental dos cursos fluviais galegos a través da retirada de especies invasoras. Está financiado cunha subvención de 5 millóns de euros procedente dos fondos europeos Next Generation.

A contorna da central hidroeléctrica do Tambre foi o lugar elixido para dar a coñecer o proxecto Mil Ríos que a Consellería de Medio Ambiente levará a cabo en 50 canles fluviais de toda Galicia.

O Tambre é un dos primeiros ríos nos que se acometerán os labores de retirada de especies alóctonas e a restauración da vexetación de ribeira. Os traballos comezarán a mediados de xuño e suporán un investimento de 185 mil euros.

Os labores desenvolveranse en catro zonas distintas, tres pertencentes ó termo municipal de Noia e unha a Outes co fin de mellorar ambas marxes do río nun treito de aproximandamente 2’6 hectáreas. Contribuirán á posta en valor dun espazo de gran valor natural e tamén patrimonial.

O programa desenvolverase en tres anualidade. Nesta primeira fase está previsto actuar en varios treitos de 17 ríos galegos, 5 deles na provincia da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí