RIANXO> A chegada destas datas, coa campaña de Nadal, representaba para moitos mariscadores unha fonte maior de ingresos, pero lonxe desa realidade, nos últimos anos, coa merma da produción e a escaseza de marisco nos areais, a situación xa non é o que era…
Segundo o patrón maior non é normal que a estas alturas do ano, apenas se notara a suba de prezo do marisco en lonxa, un problema que Iglesias achaca a entrada de marisco de fóra.
O furtivismo e o mal estado dos bancos, a consecuencia tamén da contaminación, son outros factores importantes que afectan ó marisqueo.











