Mar estuda medidas para paliar as perdas do sector pesqueiro durante o estado de alarma

BARBANZA> A Conselleira do Mar mantivo unha videoconferencia con representantes do sector da pesca e da acuicultura da provincia da Coruña. Abordaron a necesidade de artellar medidas compensatorias para paliar as perdas do sector. Tamén se analizou o conflito entre percebeiros e mexilloeiros.

Ademais de agradecer o compromiso dos profesionais do mar que seguiron a traballar durante esta crise como actividade esencial, o encontro serviu facer balance das medidas adoptadas pola administración galega en materia de pesca dende que se decretou o estado de alarma.

Ante esta falla de compromiso á que alude a Conselleira por parte do goberno central, a Xunta traballa na publicación dunha orde para compensar as perdas da flota que se mantivo en activo.

Durante a reunión analizouse tamén o conflito existente entre percebeiros e bateeiros pola extracción de mexilla. Rosa quintana destacou a disposición para chegar a un entendemento.

Mentres tanto dende a Consellería traballan na delimitación das zonas máis conflitivas para evitar novos enfrontamentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí