BARBANZA> Sube o número de ingresos por casos activos de covid en hospitais da área sanitaria Santiago-Barbanza.
No último parte remitido dende a Consellería de Sanidade indícase que xa son dous os pacientes con ingreso hospitalario. Os dous no Clínico de Santiago.
A día de hoxe os positivos totais sitúanse en 42, un máis que onte. Aumenta tamén o número de pacientes curados. Xa son 1.834. E a cifra de de PCR realizadas ata o de agora, preto das 41 mil.