Avanzan os trámites para o proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo

RIBEIRA> A Xunta iniciará nas próximas semanas a redacción do proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo. Así llo confirmou o Conselleiro de Educación á alcaldesa de Ribeira nunha recente xuntanza na que tamén abordaron outras melloras en centros educativos do municipio.

O Conselleiro de Educación veu ratificar o compromiso xa trasladado polo presidente da Xunta de acometer a mellora integral do CEIP O Grupo de Ribeira. Así llo confirmou Román Rodríguez á alcaldesa nunha xuntanza na que informou dos avances na tramitación do proxecto do que está a piques de comezar a redacción.

Trátase dunha obra moi demandada pola comunidade educativa deste centro que, ademais de ser o máis numeroso de todo o municipio, é tamén un dos máis antigos polo que precisa dunha fonda rehabilitación.

Durante o encontro analizaron tamén a necesidade de garantir a accesibilidade no CEIP do Olveira coa inminente licitación dun ascensor que contará cun orzamento de 77 mil euros.