CAMBADOS> Hoxe é Noiteboa e un dos puntos quentes da xornada estivo nas prazas de abastos. Xa dende primeira hora foron moitos os clientes que se foron achegando na procura de peixes, mariscos ou unha boa carne. Porque aínda que moitos xa foron mercando e conxelando nas últimas semanas, non hai nada como gozar dun produto fresco.
Na praza de abastos de Cambados, os prezos ían hoxe polas nubes. Entre o máis caro, pola súa escaseza, a ameixa da ría. A babosa chegou a venderse a 70 euros o quilo.











