Mar insta ó goberno central a buscar medidas para flexibilizar o regulamento de control da flota

BARBANZA> A conselleira do Mar mantivo unha xuntanza esta mañá con representantes das federacións provinciais e galega de confrarías para abordar as dificultades derivadas da entrada en vigor do regulamento de control. Dende a Xunta seguirán a instar ó goberno central a buscar medidas de flexibilización da norma para que a flota artesanal poida seguir operando.

Os presidentes e secretarios das Federacións Provinciais e da Federación Galega de Confrarías mantiveron esta mañá unha reunión coa Conselleira do Mar como paso previo á xuntanza prevista para o próximo luns no Ministerio. Administración e sector acordaron seguir instando ó goberno central a buscar solucións que permitan modificar a norma europea que pon en serio risco a supervivencia da flota artesanal.

Marta Villaverde incidiu nas peculiaridades da flota artesanal que deberían ter en conta á hora de flexibilizar as obrigas que establece o regulamento, tal e como recolleron nas alegacións presentadas tanto pola Xunta como polos entidades do sector pesqueiro, que non foron tidas en conta na elaboración da norma.

 

Inserto