Rianxo recupera a calma trala xornada infernal de lumes

RIANXO> Volta á calma. Rianxo recuperaba esta mañá a tranquilidade despois da xornada infernal de incendios vivida onte. A consellería de Medio Rural daba por controlado o lume  despois de que se queimaran máis de 850 hectáreas de monte.

Dende o alto de Palleiro, na parroquia de Leiro, divisábase na lonxanía a ampla superficie de monte arborado calcinada polo lume. Era tan só unha parte. As condicións climatolóxicas melloraron durante a noite. O vento foi a menos e o dispositivo de extinción logrou sufocar as lapas que aínda permanecían acesas. A tranquilidade volvía de novo a Rianxo despois dunha xornada infernal.

O alcalde agradecía tamén o esforzo e o traballo dos equipos de extinción que participaron no amplo dispositivo despregado na zona. Pero tamén o innegable comportamento dos veciños que coas súas propias mans foron quen de facerlle fronte ó lume e evitar que deste xeito chegara ás vivendas, co perigo que isto conlevaría.

Muiños aludía tamén á necesidade de mudar a actual política forestal, ó ver que non se están a conseguir os éxitos agardados.

Comments are closed.