As visitas teatralizadas ó Pazo de Goiáns abren o Novembro Cultural do concello de Boiro

BOIRO> O mes de novembro vén cargado de cultura en Boiro. O concello programou numerosas actividades de lecer onde predominan o teatro e a música con propostas do máis variado.

Este venres abrirá a programación do Novembro Cultural coa obra sobre saúde mental ‘Esas cousas marabillosas’ na casa da cultura a partir das nove da noite. O sábado darán comezo as visitas teatralizadas no Pazo de Goiáns, cunha viaxe ó pasado que suporá a primeira das actividades a celebrar no Pazo ó longo da xornada.

O día 11 os boirenses teñen unha nova cita teatral coa obra ‘As que limpan’ mentres que o sábado día 12 celebrarase o tradicional magosto de Xilbarbeira na praza da terceira idade a partir das cinco da tarde.

Entre o 10 e o 21 desenvolverase a mostra escolar de teatro que este ano incorpora tamén ós institutos de secundaria. O día 18, a representación teatral dos venres na casa da cultura correrá a cargo da soprano Esperanza Mara. O sábado 19 conmemorarase o día da Música coa merecida homenaxe ó director da banda de música de Boiro. O 25 de novembro Talía Teatro pechará o novembro cultural con ‘Voa, Voa’

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí