MEAÑO> Meaño inaugurou este venres a renovada rúa Herminia Fariña. A vía acaba de experimentar unha completa reforma, mellorando a mobilidade na zona. Na actuación investiume máis de medio millón de euros. Parte do orzamento foi financiado pola Xunta a través do Fondo de Cooperación Local. O acto desta mañá serviu tamén de homenaxe á escritora á que se lle dedica a rúa.
Esta é a nova imaxe que loce xa a rúa Herminia Fariña de Meaño. A vía acaba de experimentar unha completa reforma, gañando amplitude e facilitando a mobilidade na zona, onde se teñen rexistrado dificultades de tráfico, en especial co paso de autobuses.
A reforma permitiu crear zonas verdes, nun lugar estratéxico, polas distintas dotacións públicas que hai na zona.
Para este refórmase investíronse máis de 520.000 euros. A metade deste orzamento asumírono as arcas municipais. A outra parte achegouna a Xunta, a través do Fondo de Cooperación Local.
O acto, ao que asistiu tamén rapazada de Meaño, serviu tamén de homenaxe a Herminia Fariña, autora á que se lle dedica esta vía.
Ademais dunha estatua que lembra á escritora, a rúa conta tamén con estoutra placa cun dos seus poemas, en homenaxe á súa aldea.











