PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra aposta por converter o ceo das Rías Baixas nun produto turístico. Co obxectivo de posicionar a provincia como un destino de referencia en astroturismo, veñen de lanzar Baixo o ceo das Rías Baixas. Unha iniciativa inspirada polas tres elipses solares que se poderán observar dende Pontevedra nos anos 2026, 2027 e 2028 pero que nace con vocación de continuidade.
As eclipses solares que se poderán ver os anos 2026, 2027 e 2028 inspiran o novo produto turístico da Deputación.
Chámase ‘Baixo o ceo das Rías Baixas’, e busca converter a provincia nun destino de referencia en astroturismo.
Para dar forma á iniciativa, a Deputación creará unha rede de puntos de observación das eclipses solares que serán identificados polos 61 concellos da provincia. Organizaranse quedadas de observación e distribuiranse kits, con gafas homologadas e material divulgativo.
Ademais, impulsarase unha campaña de promoción conxunta coordinada desde a Deputación para divulgar tanto o acontecemento como a rede provincial de puntos de observación.











