O acordo entre a Xunta e a FEGAMP para o SAF permitirá ó concello de Ribeira un aforro de 250 mil euros

RIBEIRA> Satisfacción no concello de Ribeira tralo acordo entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia para incrementar o financiamento autonómico do Servizo de Axuda no Fogar. O Goberno Galego aportará 16 euros a hora, o que suporá un respiro para as arcas municipais.

A achega da Xunta de Galicia para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar pasará este ao de 12 a 16 euros a hora. O acordo acadado entre o goberno autonómico e a FEGAMP contribuirá a aliviar a carga económica que supoñía para os concellos a prestación deste servizo. En concreto, no concello de Ribeira o aforro será de 250 mil euros.

Ademais de garantir o mantemento da calidade no servizo, esta suba implicará máis partidas dispoñibles para asumir outros gastos municipais como, no caso de Ribeira, o incremento dos salarios ós traballadores municipais.

A alcaldesa de Ribeira valorou moi positivamente o acordo, con subas progresivas que irán incrementándose en vindeiros anos.