RIBEIRA> Aínda que a simple vista parece que xa está rematada, co groso dos traballos da fachada exterior xa listos, a obra de reforma da casa consistorial na que se invisten ó redor de tres millóns e medio de euros, aínda non o está.
Os traballos céntranse na actualidade nos acabados interiores e na instalación dun ascensor accesible que cumpra coa normativa vixente.
Segundo informou o rexedor os prazos que se manexan pasan porque poida entrar en funcionamento a primeiros do ano que vén.
Un dos principais cambios na obra foi a instalación da envolvente térmica que implicará unha notable mellora da eficiencia enerxética coa instalación de paneis solares e o illamento térmico de todo o edificio coa instalación de dobre vidro.
E para os que xa o preguntan, si terá reloxo. A intención do Concello é instalar de novo na fachada o reloxo que xa presidía o vello consistorio.











