RIANXO> O concello de Rianxo acollerá o domingo día 4 de febreiro a undécima edición do Circuíto BTT. Constará de 3 probas de diferentes distancias así como unha andaina para tódolos públicos.
Xa están abertas as inscricións para o circuíto BTT concello de Rianxo que se disputará o 4 de febreiro. Sairá ás 9 da maña dende o porto da localidade e haberá 3 distancias así como unha andaina de 22 quilómetros.
Dende oconcello apostaron este ano por balizar a ruta con cinta prescindo da pinturas para facilitar a súa retirada unha vez finalizada proba.
Os interesados en participar poden inscribirse na web emesports.Dende a organización agardan alcanzar os 600 corredores das anteriores edicións.











