A hostalería de Ribeira acorda con concello un horario de peche común

RIBEIRA> A hostalería de Ribeira prepárase para a súa reapertura durante a Fase 2. O sector vén de consensuar os horarios de peche durante a desescalada. Entre semana permanecerán abertos ata as doce e media da noite mentres que os fins de semana terán de límite ata as dúas da mañá.

A pesar de que xa estaba permitida a apertura de terrazas, o certo é que a maior parte da hostalería de Ribeira permanece parada. Os hostaleiros optaron por agardar á fase dúas, que previsiblemente si iniciará o próximo luns, cando ademais das terrazas estará permitida a apertura do interior dos locais con aforo limitado. entre semana abrirán ata as doce e media da noite mentres que fins de semana e vésperas de festivo terán como límite as dúas da madrugada.

O concello permitirá ademais a ampliación das terrazas a través de elementos auxiliares que conteñan os produtos de maior venda para facilitar o servizo e non ter que acudir constantemente ó interior dos locais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí