RIBEIRA> Un ano máis Ribeira pon en marcha o prazo de inscrición para os campamentos de verán, o programa actividades municipais que busca a conciliación familiar durante a tempada estival.
Dirixido a nenos de 3 a 12 anos, desenvolverase durante os meses de xullo a agosto.
A oferta, volverá a ser o campamento de verán ‘Xoga con nós do 1 de xullo ó 29 de agosto; o campamento de inglés ‘Summer Camp’ tamén do 1 de xullo ó 29 de agosto e o campamento urbano que se prolongará do 23 ó 30 de xuño e do 1 ó 5 de setembro.
As familias interesadas en cada unha das opción xa poden inscribirse.
O prazo para anotarse prolongarase ata po 12 de xuño, ben de forma presencial en Servizos Sociais e na Oficina de Atención ó Cidadán ou ben de xeito telemático a través da web ribeira.gal.
Os prezos varían en función da escolla, variando dende os 42 ós 200 euros. Uns prezos similares ós da edición anterior.
Tódolos campamentos desenvolveranse de 9 da mañá a 2 da tarde, tendo como base as instalacións do CEIP O Grupo.
Para aquelas familias que o precisen tamén se oferta o servizo ‘madruga’.











