LOUSAME> Trala recente rotura da balsa de Monte Neme, o BNG volve alertar do risco inminente que supoñen as presas de San Finx en Lousame. Piden á Xunta de Galicia celeridade na restauración ambiental da contorna da mina así como que esixan responsabilidades á empresa responsable a pesar de ter caducado a concesión.
O BNG volve levar ó Parlamento o mal estado en que se atopan as balsas das minas de San Finx colmatadas de augas contaminadas con metais pesados e con filtracións que, ademais de provocar vertidos, apuntan a un risco de rotura que podería derivar nun auténtico desastre medioambiental .A pesar das numerosas iniciativas presentadas, algunhas mesmo aprobadas co respaldo unánime do Parlamento, o goberno galego non ten iniciado acción algunha para a restauración ambiental da contorna.
Os nacionalistas instan á Xunta a actuar con celeridade e esixir responsabilidades á empresa a pesar de ter caducado xa a concesión para a súa explotación.
Na iniciativa xa presentada no Parlamento, o BNG esixen garantías medioambientais para levar a cabo esa restauración que debería acometerse antes de que se xa demasiado tarde.











