O concello da Pobra executa labores de limpeza e conservación no río Morto

POBRA> Os traballos, cun investimento duns 15 mil euros que irán con cargo ós propios orzamentos municipais, teñen coma finalidade evitar futuras inundacións na zona.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a edil de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, supervisaban esta mañá as obras de limpeza e conservación da canle do río Morto, en varios dos seus tramos, un deles canalizados, así como tamén na zona próxima á súa desembocadura, na zona das Xunqueiras, en Bandaseca, onde se atopa tamén o colexio Salustiano Rey Eiras. Os traballos que se realizan estes días teñen coma finalidade a retirada de escombros, eliminación de árbores caídas e adecuación das marxes para facilitar o discorrer das augas polo leito do río, e evitar futuras inundacións na zona.

As obras, cun investimento duns 15 mil euros, están a ser realizados pola empresa Tragsa e irán con cargo ós propios orzamentos municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí