Medio cento de denuncias por incumprir a orde de confinamento

RIANXO> A Policía Local e a Garda Civil cursaron medio centenar de denuncias por incumprir a orde de confinamento. Dende a entrada en vigor do estado de alarma, o pasado trece de marzo, realizaron controis a un total de 929 vehículos e 232 persoas.

A pesar de que en liñas xerais a maior parte da veciñanza está a responder de xeito exemplar, cumprindo coa normativa dende a entrada en vigor do estado de alarma, o pasado trece de marzo, o número de denuncias tramitadas segue a ser bastante elevado. En Rianxo as actuacións policiais realizadas pola Policía Local en colaboración coa Garda Civil dende que se estableceu o confinamento ascendeu a un total de 929 vehículos e 232 persoas. Dese total os axentes tramitaron unhas 55 denuncias por circular ou permanecer na vía pública sen causa xustificada. Boa parte delas de xeito reiterado. Durante este tempo de confinamento a Policía rianxeira tamén curso unha denuncia contra un establecemento hostaleiro por incumprir a orde de peche. As multas as que poden enfrontarse por incumprir a orde de confinamento poden ir dende os cen ós trinta mil euros, naqueles casos graves nos que houbera desobediencia ou resistencia, así como pola negativa a identificarse ou facilitar datos falsos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí