Lousame recupera o seu tradicional desfile de disfraces

LOUSAME> Lousame ten deseñado un programa do máis variado para este entroido. Unha das actividades máis destacadas será o Festival que terá lugar xa este vindeiro sábado 14 de febreiro, entre as seis e as nove da noite, no polideportivo municipal da Silva.

Ese día actuarán Pakolas e o mago Charly Braun, e haberá obradoiros e inchables para os máis pequenos, sen esquecer tampouco a degustación de postres típicos destas datas.

Dende o Concello animaron a participar e quixeron agradecer tamén o traballo e a colaboración das cociñeiras e do voluntariado local que participa neste festival.