A Pobra repartirá este entroido mais de 6000 euros en premios

A POBRA> O concello da Pobra repartirá este entroido máis de seis mil euros en premios. O sábado haberá un concurso de disfraces infantil mentres que o martes terá lugar o gran desfile no que se premiará os mellores disfraces individuais e por parellas, de grupos e carrozas.

A Pobra quenta motores para celebrar o entroido cunha ampla oferta festiva pensada para tódolos públicos. Comezará o sábado 14 con animación de rúa xa dende mediodía ata ben entrada a noite con sesión DJ nunha carpa montada na praza Alcalde Segundo Durán. O domingo será o día dedicados ós máis pequenos cunha gran festa infantil e o concurso de disfraces que repartirá 800 euros entre tódolos premiados.

O día grande será o martes de entroido co gran desfile no que participarán máis catro comparsas. Haberá premios nas categorías individual e parellas, grupos e carrozas. Nesta última modalidade, tódalas carrozas participantes recibirán unha gratificación de 200 euros.

O peche do entroido terá lugar a fin de semana do 21 e o 22 co tradicional Enterro do Felipiño, o sábado, organizado polos veciños do Xobre e a celebración do Domimgo de Piñata a cargo da veciñanza da Crocha.