POBRA> A formación nacionalista mostrou o seu rexeitamento a este proxecto, ó entender que se trata dunha actuación moi prexudicial para a comarca do Barbanza. Os nacionalistas volven a incidir en que este proxecto de macrovertedoiro en Lousame evidencia unha vez máis o fracaso do actual modelo de tratamento e xestión do lixo que promove a Xunta de Galicia, de aí que dende a formación reclamen un cambio de modelo baseado nas tres ‘erres’: reciclaxe, reutilización e redución. Neste sentido teñen previsto reclamar no Concello un estudo técnico e de viabilidade para a incorporación do municipio á Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/17/bngpobra_macrovertedoiro_lousame1710161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/17/bngpobra_macrovertedoiro_lousame171016.mp4{/flowplayer}
Inicio A Pobra