Detidos tres veciños da Pobra por roubos en varios pisos

POBRA> A Garda Civil detivo a tres veciños da Pobra do Caramiñal, 2 homes e 1 muller, acusados dun presunto delito de roubo con forza no interior dun edificio da localidade, empregado coma segunda vivenda.

Foi a propia denuncia realizada polo propietario do inmoble o que permitiu iniciar a investigación.

Ó parecer os feitos tiveron lugar os días 11 de marzo e 11 de abril. Os agora detidos aproveitando que o piso se atopaba deshabitado, accederon ó seu interior, levándose diversos obxectos de valor, entre os que se atopaban tres televisores e varios cadros.

Segundo fontes do propio Instituto Armado ós prendidos cónstanlle numerosos antecedentes anteriores por causas similares.

Os obxectos subtraídos foran vendidos a veciños da localidade, aínda que finalmente puideron ser recuperados e entregados ó seu lexítimo propietario.

Por esta razón dende a garda Civil incídese en que non deben mercarse obxectos dos que se descoñece a súa procedencia, xa que ademais de poder verse implicados nun delito de receptación de efectos roubados, estase a promover tamén a proliferación de roubos.

Os tres detidos xa pasaron a disposición xudicial no xulgado de Ribeira