A flota pesqueira reclama axudas directas para afrontar a suba do combustble

RIBEIRA> A flota pesqueira reclama axudas directas ó sector para afrontar a suba do prezo do combustible. O incremento dos custos está a poñer en serias dificultades á flota artesanal que nalgúns casos optou por reducir a actividade ante a escasa rendibilidade.

A suba do prezo do combustible supón un novo pau para o sector pesqueiro que leva meses encadeando perdas tras un inverno moi complicado para a flota.

Dende a federación galega de confrarías demandan ó goberno axudas directas ó combustible como xa teñen comprometido con outros sectores.

Xunto coas axudas directas ó combustible  reclaman tamén outras medidas como a rebaixa do IVE do peixe ou bonificacións nas cotas á Seguridade Social para manter a rendibilidade do sector.