Polémica na Pobra pola montaxe da ‘Marea Fotográfica’ no Museo Valle-Inclán

A POBRA> Polémica na Pobra pola exposición Marea Fotográfica que dende a pasada semana se exhibe na Torre de Bermúdez. O director do museo Valle-Inclán, actualmente de baixa, denuncia que a montaxe desta exposición incumpre cos compromisos de exhibición do centro que debería estar destinado exclusivamente a obras relacionadas co escritor arousán.

Antonio González Millán, director do museo Valle-Inclán da Pobra, e actualmente en situación de baixa temporal emitiu un comunicado a través das súas redes sociais criticando a instalación da exposición Marea Fotográfica no Torre de Bermúdez por non responder ós criterios non ós fins co que foi creada a casa museo. Di recoller deste modo o sentir dalgúns artistas da comarca, entre eles o propio neto de Valle-Inclán, que doaron fondos ó centro pobrense para a súa exposición permanente. Lonxe de entrar en polémica dende o concello defenden o estricto cumprimento da normativa á hora de expoñer esta mostra que, din, si garda relación coa figura de Valle a través do fernómeno da salgadura e dos cambios socioeconómicos que reflite a mostra e que influiron decisivamente na vida e obra do escritor.

A concelleira de Cultura incidiu tamén en que a mostra está nunha sala itinerante destinada a acoller exposicións temporais e que o reto do museo permanece exactamente igual.

Por último aclarou que o concello non ten recibido queixa algunha por vía formal con respecto á exposición que permanecerá na sala de iconografía contemporánea ata o mes de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí