A POBRA> O concello da Pobra comezará mañá o curso cos deberes feitos. Ademais das tarefas de mantemento habituais, executáronse tres actuacións extraordinarias para poñer a punto o Fernández Varela e as unitarias da Angustia e da Granxa.
A concelleira de Ensino da Pobra supervisaba esta mañá, xunto co responsable da brigada de colexios, o resultado dos traballos executados na escola unitaria da Granza. Ademais do saneamento exterior da fachada, procedeuse tamén á renovación interior dunha aula.
Esta obra sumouse a outras dúas actuacións extraordinarias na fachada do Fernández Varela e no patio da unitaria da Angustia.
O importe total destas tres intervencións extraordinarias superou os 30 mil euros que se veñen sumar á partida de mantemento para melloras en tódolos centros educativos do municipio.











