BOIRO> O concello de Boiro acolle este sábado a fase final do Campionato Galego Infantil de Voleibol. Os catro mellores equipos de Galicia medirán
forzas nun torneo do que sairá o clasificado para participar no campionato de España que se celebrará a finais de maio en Castellón.
Boiro volverá ser sede do deporte base este sábado co campionato galego de Voleibol na categoría infantil que se disputará o sábado no pavillón da Cachada. Os partidos darán comezo ás dez da mañá coa primeira semifinal entre o equipo local e o Club Deportivo Korbis.
Os organizadores convidaron á cidadanía a achegarse a a animar ós xogadores nesta cita co deporte base que contribúe a poñer en valor a canteira da que saíron destacados deportistas que compiten xa a a nivel nacional como Jaime Arjones.
Dende o concello agradeceron á Federación a aposta por Boiro para acoller este evento que avala o gran labor que dende hai anos ven realizando o Jealsa Boiro Voleibol non só a nivel deportivo senón como anfitrión de citas de primeiro nivel.











