Novo acto vandálico no petróglifo da Foxa Vella

RIANXO> Hai uns días o petróglifo da Foxa Vella, situado na parroquia de Leiro, foi obxecto dun grave acto vandálico que provocou danos significativos nos seus gravados.

Segundo informaron dende o Concello, o autor ou autores rascaron cunha pedra a rocha na que se atopa este elemento patrimonial, deixando marcas visibles na superficie do xacemento.

Segundo sinalou o alcalde, Julián Bustelo, esta non é a primeira vez que, por desgraza, se producen este tipo de actos contra o patrimonio local.

O Concello xa puxo os feitos en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e advertindo de que o responsable podería enfrontarse a sancións de ata 150 mil euros, dado o alto nivel de protección do xacemento xa que está declarado Ben de Interese Cultural.