Os veciños de Castiñeiras piden máis seguridade no cemiterio para evitar novas profanacións

RIBEIRA> Os ánimos vanse calmando en Castiñeiras mentres continúa o seu curso a investigación para dar cos autores da profanación. Os veciños confían en que se poidan esclarecer os feitos. Reclaman tamén maior vixilancia para evitar que se repitan episodios como o de onte.

Aínda que as tumbas dos seus familiares non estaban entre as profanadas, moitos veciños achegáronse ata o cemiterio para ver cos seus propios ollos que non sufriran dano algún.

Malia que a primeira vista a sensación era de normalidade todos tiñan aínda moi presente o macabro episodio acontecido onte, cuxas causas seguen a ser unha incógnita. Os veciños agardan que a investigación dea o seus froitos e permita esclarecer quen, e sobre todo, por que cometeron tal aberración.

Ante a gravidade do acontecido, os veciños reclaman tamén maior seguridade posto que o cemiterio está emprazado nunha zona moi apartada sen vivendas próximas. Os propietarios non descartan organizarse para conseguir a colocación de cámaras ou a contratación dun garda de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí