RIBEIRA> O orzamento de Ribeira roldará os vinte catro millóns e medio de euros. O documento someterase a aprobación o próximo xoves nun pleno que finalmente será presencial. Os concelleiros non ocuparán os seus escanos habituais posto que deberán gardar a distancia de seguridade. Por mor das restricións sanitarias non se permitirá público.
Os vinte e catro millóns trescentos sesenta mil euros supoñen un incremento dun nove por cento con respecto ó anterior orzamento.
Débeda que rolda o corenta por cento pero vinculada a unha liña de crédito solicitada polo concello para ter liquidez ante o gasto anticipado que implica a Edusi. Sen embargo, as subvencións da Xunta de preto dun millón de euros para a execución do auditorio implica que non haxa que facer uso deses fondos na súa totalidade polo que a final de ano prevese unha redución da débeda por baixo do trinta por cento.
O alcalde destacou o marcado carácter social deste orzamento cun incremento do gasto en máis dun millón de euros. Verase complementado cun crédito extraordinario para o Plan Reactiva Ribeira que pretende apoiar a familias e pequenas empresas afectadas pola crise do COVID-19.