O Barbanza berra contra a precariedade na atención primaria

RIBEIRA> Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Atención Primaria, o Barbanza sumouse á convocatoria de mobilización de SOS Sanidade Pública para toda Galicia. Esixen máis medios e recursos para garantir unha asistencia de calidade en primaria, evitando así sobrecargar o sistema.

A pesar da chuvia. foron moitas as persoas que quixeron secundar a protesta da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza para denunciar a precaria situación da atención primaria no Barbanza. Á falla de persoal que xa se converteu nun problema estrutural na maior parte dos centros de saúde súmase agora o peche dalgúns PACS pola mañá como acontece no Porto do Son.

Demandan tamén a apertura dos PAC da Pobra e Rianxo posto que son os únicos de toda Galicia que presentan servizo unicamente a partir das dez da noite.

Alertan dende a plataforma que a falla de recursos en primaria é a porta de entrada ó colapso dos hospitais as urxencias polo que inciden na necesidade de dotar dos medios humanos e materiais ós centros de saúde para garantir unha axeitada asistencia ós pacientes.