O antigo pub Tótem acollerá a aula municipal de ballet de Ribeira

RIBEIRA> O antigo Pub Tótem de Ribeira converterase na Aula Municipal de Ballet. O concello adxudicou dúas actuacións para acondicionar as instalacións que estarán en funcionamento este verán.

A aula municipal de Ballet, que actualmente está no conservatorio municipal, trasladarase ó antigo pub Tótem, situado na confluencia entre a rúa de Lepanto e a Barreira. Será a propia brigada municipal de obras a encargada de acondicionar o interior das instalacións, pero previamente haberá que acometer a renovación da carpintería exterior, coa substitución de fiestras e portas, así como as instalacións de fontanería e electricidade.

O investimento nestas dúas actuacións achégase ós 35 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí