Os hostaleiros da Pobra convocan unha concentración en defensa do sector

A POBRA> A hostalería da Pobra comeza a organizarse para denunciar a precaria situación que están a vivir ante as restricións impostas. A primeira das súas accións será unha concentración convocada mañá ás seis e media da tarde diante da casa consistorial.

Tras varios meses acumulando perdas, os hostaleiros da Pobra vén como as novas restricións agravan aínda máis a súa situación, abocando a moitos empresarios ó peche.

Consideran que están a ser tomados como cabeza de turco ante a mala evolución da pandemia non só no municipio, senón en toda Galicia, cando a maior parte dos focos non proceden de locais hostaleiros.

Insisten en que sempre cumpriron estritamente as normas para garantir a seguridade de traballadores e clientes. Pero agora, coa única posibilidade de servir en terraza ó 50 por cento de aforo vén imposible seguir.

Demandan que lles deixen traballar con maior capacidade para poder garantir o emprego e a supervivencia dos negocios ou ben que os pechen, habilitando axudas directas para o sector.

Trala concentración que convocaron para mañá, á que se sumarán representantes da corporación municipal, darán novos pasos para constituírse como asociación e dinamizar un sector que contribúe enormemente á dinamización económica do pobo, tanto directa como indirectamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí