BARBANZA> A Federación Galega de Confrarías esixe a retirada dos Plans de Ordenación do Espazo Mariño. Consideran que o documento base para a instalación dos parques eólicos nos caladoiros de toda España non foi consensuado co sector.
Indignación no seo do sector pesqueiro trala aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Mariño por parte do goberno central. O documento reserva 2688 kilómetros cadrados para a instalación de parques eólicos con grande afectación sobre algúns dos caladoiros máis produtivos da costa galega.
O presidente da Federación aclara que non se opoñen á eólica mariña, sempre que se compatibilice coa actividade extractiva, o que implica afastar os parques das zonas de pesca para o que instan ó Ministerio a acordar os plans co sector.
Dende o sector xa comezaron a mover ficha para esixir a retirada dos plans. Polo momento xa convocaron unha manifestación para o próximo 11 de marzo diante da delegación do goberno na Coruña e non descartan a presentación dun recurso contencioso-administrativo.