A POBRA> Concluída a terceira fase das obras de saneamento no lugar do Conchido na Pobra. A instalación da rede separativa de saneamento e pluviais dará servizo ás numerosas vivendas na zona e evitará a emisión de vertidos ó mar.
O alcalde da Pobra xunto coa concelleira de Obras supervisaba esta mañá o resultado dos traballos de instalación da rede separativa de saneamento e pluvias no lugar do Conchido.
A execución desta terceira fase demorouse por unha serie de complicacións, dende a creba da primeira adxudicataria ata os problemas derivados do selado dun pozo ó que estaban conectadas vivendas que xa pertencían ó termo municipal de Boiro.
O investimento ascendeu a máis de 95 mil euros incluíndo a acometida a tódalas vivendas da zona.











