O PP móstrase como a mellor opción para que Boiro siga medrando

BOIRO> O Partido Popular de Boiro presentaba este sábado a súa candidatura nun acto multitudinario celebrado no parque da Cachada. Acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, o candidato dos populares á alcaldía boirense, Xoán Xosé Dieste, destacou o traballo realizado polo seu equipo durante estes catro anos á fronte do Concello como o mellor aval dunha xestión honesta e responsable.

O Partido Popular de Boiro celebrou este pasado sábado o acto de presentación da súa candidatura para as próximas eleccións municipais nun multitudinario acto celebrado no parque da Cachada. Arroupado por numerosos militantes e simpatizantes desta formación na localidade, así como tamén titular de Mar, Rosa Quintana, Dieste fixo un repaso da súa xestión ó longo destes anos á fronte da alcaldía, na que conseguiu reconducir a situación caótica deixada despois de anos de gobernos tripartitos e bipartitos.

Dieste tamén aludiu a que a súa candidatura é a única alternativa viable.

Tamén tivo tempo de esbozar cales serán os seus proxectos máis importantes se revalida novamente a maioría, como son a rehabilitación do pazo de Goiáns, a futura residencia ou unha nova escola infantil.