RIANXO> BarbanTEA organiza a súa primeira xornada formativa en Rianxo. Será este sábado a cargo de Anabel Cornago quen abordará varios aspectos relacionados coa regulación no autismo. Xa están inscritas máis de 160 persoas.
Ademais das numerosas actividades de visibilización que organiza, Barbantea dá o salto á formación cunha xornada sobre o autismo que se celebrará no auditorio de Rianxo este sábado. A encargada de impartila será Anabel Cornago, formadora especialista en autismo.
Polo momento xa hai más de 160 inscritos nesta formación homologada pola Xunta de Galicia e coa colaboración da Universidade Internacional de La Rioja.
Aínda que a formación está aberta ó público en xeral vai dirixida especialmente ó ámbito docente, tanto a educadores como pedagogos e psicólogos.











