Tres concellos do Barbanza estudan mancomunar o servizo de recollida do lixo

BARBANZA> Os concellos do Barbanza dan un paso máis á hora de mancomunar servizos. Rianxo, Boiro e A Pobra están a estudar un sistema conxunto de xestión de residuos que permita abaratar os custos e prestar un mellor servizo á veciñanza.

Os concellos do Barbanza pretenden transcender o ámbito do turismo á hora de mancomunar servizos . Trala a súa aposta pola formación coa colaboración en obradoiros e programas de emprego dan agora un paso máis cun proxecto conxunto de xestión de residuos entre os concellos da Pobra, Boiro e Rianxo.

Aínda que o proxecto está en fase de estudo, os tres alcaldes agardan que a licitación do servizo conxunto poida licitarse proximamente co fin de optimizar os recursos de cada concello.

Este xestión conxunta marca o inicio do camiño para mancomunar a prestación doutros servizos básicos.