A prisión un veciño de Ribeira ao que pillan ‘in fraganti’ tras o roubo a unha vivenda

RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira detivo a un veciño da localidade acusado dun presunto delito de roubo con forza. O individuo foi sorprendido ‘in fraganti’ no interior dunha vivenda habitada. O Xulgado xa decretou o seu ingreso en prisión con carácter provisional.

Axentes da Policía Nacional de Ribeira detiveron esta pasada fin de semana un veciño da localidade de 37 anos, coma presunto autor dun delito de roubo con forza nun domicilio. O prendido foi sorprendido de madrugada por unha patrulla portando diversos efectos, que ó parecer foran subtraídos momentos antes do interior dunha vivienda habitada, despois de forzar unha fiestra.

Segundo informaron fontes policiais, ó detido, ó que lle constan numerosos antecedentes por causas similares,  impútanselle ademais outros delitos contra o patrimonio, entre eles varios roubos con forza en vehículos estacionados nun garaxe ou un furto nunha farmacia da localidade. O Xulgado de Instrucción de Garda xa decretou o seu ingreso en prisión provisional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí