O concello de Ribeira traslada a Sanidade a situación derivada da falla de médicos no municipio

RIBEIRA> Ribeira busca solucións á falla de médicos que se está a dar nalgúns centros de saúde do municipio, particularmente no de Santa Uxía e Palmeira. O alcalde trasladoulle esta problemática á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza, confiando en que nun curto espazo de tempo dean solución a esta problemática.

Conscientes dos problemas que está a causar a falla de médicos en varios centros de saúde do municipio, en especial nos de Santa Uxía e Palmeira, o Concello, a través do alcalde, Manuel Ruíz, iniciou unha rolda de contactos con responsables da consellería de Sanidade co fin de buscar solución e paliar os déficits de médicos que se están a dar.

Dende o Concello aseguran estar preocupados por esta situación, confiando en que as súas xestións poidan dar resultados positivos, ofrecendo a curto prazo unha solución a esta problemática, cando menos de forma parcial.

Dende o Concello comprenden e apoian as concentracións como a realizada pola veciñanza de Palmeira en defensa das súas reivindicacións, aínda que recoñecen que non é un problema puntual de Ribeira, senón que está estendida de xeito xeralizado no ámbito do
Estado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí