O BNG do Barbanza organiza un novo acto informativo sobre o sistema público de pensións

BOIRO> O BNG do Barbanza organiza un acto informativo en defensa das pensións públicas. Terá lugar este sábado en Boiro ás oito e media da tarde. Na campaña de defensa da viabilidade do sistema de pensións están a desenvolver tamén outras medidas como a solicitude da suba das pensións non contributivas. O responsable da Comisión de Pensionistas da CIG; Xosé Torres, e o deputado do BNG no Parlamento, Xosé Luís Rivas participarán no acto moderado pola voceira nacionalista en Boiro, Raquel Suárez. Ademais da campaña informativa, o BNG do Barbanza xa presentou mocións en tódolos concellos apoiando o mantemento do sistema público de pensións. A última das iniciativas presentadas polo BNG no parlamento é a solicitude da suba das pensións non contributivas máis baixas en cen euros.