Ribeira acollerá o domingo 11 de maio a XI Carreira pola Diversidade de AMBAR

RIBEIRA> Un ano máis, o deporte e a solidariedade irán da man na Carreira pola Diversidade que organiza AMBAR en colaboración co concello de Ribeira.

Será o domingo 11 de maio na explanada de Coroso a partir das dez da mañá.

Na proba incluiranse distintas categorías. Ademais das carreiras escolares, absoluta, handbike e cadeira de rodas, haberá tamén a posibilidade de realizar unha andaina.

Todo o recadado coa proba irá destinado á entidade para organizar saídas e respiros familiares.

Tamén hai a posibilidade de facer unha doazón solidaria a través do Dorsal 0.

As inscricións para participar na proba xa están abertas, podéndose realizar ata o día 6 de maio, en cronotec.es