Lúa Mosquetera, The Rapants, 9Louro e Nadie González estarán en maio no Mercado de Pontevedra

PONTEVEDRA> O primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra volverá ser o escenario dun ciclo de conversas ben interesante. Durante o mes de maio, a poeta Lúa Mosquetera, a banda The Rapants e os músicos 9Louro e Nadie González participarán desta iniciativa que procura achegar o proceso creativo ao público. Conversas no primeiro andar celebrarase os días 16, 21 e 23 de maio.

Os pontevedreses volverán ter a oportunidade de achegarse aos diferentes procesos creativos da man dos artistas. Regresa o ciclo ‘Conversas no primeiro andar’.

O ciclo comezará o día 16 de maio no primeiro andar do Mercado de Abastos. Será á 1 do mediodía coa poeta Lúa Mosquetera. O día 21 estarán The Rapants, que presentarán e asinarán o seu novo disco. Finalmente, o 23 de maio o ciclo despedirase con 9Louro e Nadie González.

Gulías volveu destacar a aposta por revitalizar o primeiro andar do Mercado que está a facer o goberno local neste mandato.

Dende o concello non desbotan que estas ‘Conversas no primeiro andar’ regresen antes de finais de ano.