Puentes propón a creación de lagoas artificiais en Valdecorvos para rematar cos asolagamentos en Padre Fernando Olmedo

PONTEVEDRA> O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes, defende que rematar cos asolagamentos na rúa Padre Fernando Olmedo é posible.

A estratexia ‘Pontevedra Flúe’, que busca preparar ao concello fronte aos efectos do cambio climático, inclúe un proxecto pioneiro que conseguiría este obxectivo. A actuación permitiría controlar as crecidas do rego de Valdecorvos coa creación dunhas lagoas artificiais que asumirían o incremento de auga.

Trátase dunha proposta pioneira. O anteproxecto xa foi redactado e agora está en fase de estudo por Augas de Galicia.

O custo aproximado sería duns 700.000 euros que se intentarían financiar con fondos europeos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí