BOIRO> Vegalsa-Eroski vén de doar máis de 4000 euros a AMICOS procedentes da recollida e valoración dos residuos depositados polos seus clientes nos supermercados de Galicia, Asturias e Castela e León. Estes fondos irán destinados ós distintos programas medioambientais que ten en marcha a entidade en toda a comarca.
Vegalsa-Eroski e AMICOS dan un paso máis na súa estreita colaboración sustentada en innumerables proxectos conxuntos con base nos valores que comparten tanto no relativo á inclusión como ó respecto polo medio ambiente. Nesta liña, a cadea de supermercados vén de doar máis catro mil euros á asociación procedentes da campaña de recollida de tapóns desenvolvida nos seus establecementos de Galicia, Asturias e Castela e León onde se depositaron e valorizaron máis de 31 mil quilos de residuos.
Os fondos irán destinados a proxectos medioambientais centrados na limpeza do litoral, coidado dos fondos mariños e conservación de zonas de especial protección. Trátase de accións que non só contribúen á mellora do medio ambiente senón que favorecen a inclusión das persoas con discapacidade.
Ademais de traballar conxuntamente en diversos proxectos, AMICOS participa tamén en iniciativas de responsabilidade social da compañía como a campaña ‘Céntimos Solidarios’











