RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira detivo a un veciño da localidade acusado de catro delitos, dous de roubo con violencia e outros dous por quebrantamento de medidas cautelares de afastamento e comuniciación respecto a un familiar.
Os roubos foron cometidos o mesmo día: o primeiro a unha muller de avanzada idade a quen lle subtraeu o bolso polo método do tirón e o segundo tras agredir a un home para roubarlle a carteira. Ámbalas dúas vítimas precisaron asistencia médica.
Trala investigación, os afectados puideron identificar ó presunto autor dos roubos que foi detido e posto a disposición do Xulgado de Ribeira que decretou o seu ingreso en prisión provisional.











