BOIRO> O Pazo de Goiáns volverá converterse en epicentro cultural o 17 de maio coa tradicional Romaría das Letras. Música e baile tradicional mesturarase con obradoiros, presentacións literarias e un mercado artesán.
Durante toda a xornada do 17 de maio, dende ben cedo, o Pazo de Goiáns será un fervedoiro de actividade cultural para conmemorar as Letras Galegas. A música ocupará gran parte do programa cos dous concertos principais e actuacións de grupos tradicionais que amenizarán o mercado.
As presentacións literarias chegarán da man da asociación cultural Barbantia a a partir das catro e cuarto.
Este ano haberá un recuncho para os máis pequenos no pombal do Pazo que poderán participar en distintas actividades e obradoiros. Dende o concello convidan ós veciños a participar na romaría ataviados con complementos ou referencias ó traxe tradicional galego.











