RIBEIRA> Ribeira convocaba con carácter urxente ó seu Consello Sectorial de Pesca para facer fronte á crise dos pellets. Responsables do goberno municipal abordaron xunto con representantes do sector do mar e do tecido económico do municipio, as medidas a adoptar para minimizar o impacto do vertido no principal sector produtivo do concello.
Patróns maiores, armadores, representantes políticos e do tecido empresarial de Ribeira representados no Consello Sectorial de Pesca mantiveron un encontro este mediodía para avanzar na busca de solucións para facer fronte ó vertidos de plásticos. Dende Ribeira instan a tódalas administracións con competencias a poñer tódolos recursos necesario para facerlle fronte a esta catástrofe medioambiental.
Na xuntanza mostrouse tamén toda incertidume xerada por esta problemática e que poida afectar ó consumo dos produtos pesqueiros e marisqueiros, facendo unha chamada a seguir consumindo produtos do mar.
Tamén instan a que se realicen os cambios lexislativos, non só a nivel estatal senón tamén europeo, para o transporte destes microplásticos e outro tipo de materiais, se realicen de xeito diferente, sen poñer en risco a nosa costa.











