Ribeira acolle esta fin de semana a VII edición da Regata Congalsa

RIBEIRA> O sábado ás dúas da tarde partirá do Náutico de Ribeira a oitava edición regata Congalsa. Trátase dunha das probass máis espectaculares e complicadas do panorama galego pola cantidade de baixos que deben sortear as embarcacións na volta a Sálvora. Hai xa oito anos que a empresa Congalsa decidiu apostar por esta regata por coincidir cos valores de compromiso e traballo en equipo da firma. No marco da súa política social corporativa colaboran tamén no patrocinio da escola de vela do Náutico de Ribeira. As embarcacións participantes poderán competir en tres clases: regata, crucero e crucero regata. Haberá tres trofeos en cada unha das categorías.