O BNG propón habilitar zonas de estacionamento para residentes nas parroquias

RIBEIRA> O BNG propón a creación de zonas de estacionamento exclusivas para residentes nas parroquias con maior afluencia de visitantes durante o verán. A medida implantaríase en Palmeira, Castiñeiras e Corrubedo nos meses de xullo e agosto.

Recollendo algunhas das demandas plantexadas nas reunións veciñais desenvolvidas nas parroquias, o BNG levará a pleno a necesidade de habilitar zonas de estacionamento para residentes en Palmeira, Corrubedo e Castiñeiras. A medida proposto limitaríase ós meses de xullo e agosto garantindo unha mellor mobilidade dos veciños e propietarios dos establecementos comerciais.

A iniciativa non é nova posto que o pasado ano, baixo a alcaldía do BNG, xa se emitiu un informe policial favorable. Os nacionalistas proponen que se retomen os labores para identificar as zonas tensionadas co posterior análise da Mesa de Mobilidade e adaptación da ordenanza municipal de circulación para a implantación destes estacionamentos. 

A iniciativa contempla tamén a creación de aparcamentos disuasorios máis afastados do centro das parroquias.